Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (227/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 227/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Rodríguez Nieto e María Mar Mayo Negreira contra Limpezas Ames, S.L. e América Marcos García, sobre cantidade, ditouse Decreto 168/2013, do 8 de abril, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, da executada América Marcos García (NIF 33253881K), pola suma de 978,11 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial