Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1058/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1058/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Gerardo Vilas Otero contra a empresa Contratas y Cubiertas Estrada, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., debo condenar e condeno a empresa a lle aboar ao demandante a cantidade de 3.370,20 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10 % de xuro por mora. Condeno, así mesmo, o administrador concursal Enrique Feáns García e o Fogasa a se ater a esta declaración, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial