Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (105/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Manuel Santos García contra o empresario Eleuterio Gens Martínez, sobre despedimento, ditouse Decreto 185/2013, do 15 de abril, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Eleuterio Gens Martínez (NIF 76509001F), pola suma de 7.860,73 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial