Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2013-1).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Auto.

Maxistrada xuíza: Susana Villarino Moure.

En Santiago de Compostela o vinte de maio de dous mil trece.

Parte dispositiva:

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa solicitude de medida cautelar de exoneración da prestación de servizos presentada fronte a APV Motor, S.A., Millarent, S.L. y Sanrent, S.L., o sobresemento desta peza separada e o arquivamento dos autos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 LPL).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial