Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1102/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1102/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Fernández Gende contra a empresa Tabellarius, S.L., Mensajeros de los Césares, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que se estima a demanda interposta por José Luis Fernández Gende contra Tabellarius, S.L.U. e Mensajeros de los Césares, S.L. e, en consecuencia, condénase solidariamente as demandadas a lle aboar ao demandante a cantidade de 7.046,57 euros.

Declárase a prescrición das cantidades reclamadas devindicadas con anterioridade ao 11 de novembro de 2009 (4.546,19 euros) en relación coa eventual responsabilidade do Fogasa en virtude do artigo 33 do Estatuto dos traballadores e concordantes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación das partes ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial