Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (136/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 136/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad Rivas Rodríguez contra a empresa Inversiones Aresco, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 220/2013.

Procedemento autos 136/2011.

En A Coruña, 7 de maio de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 136/2011 seguidos por instancia de María Soledad Rivas Rodríguez, representada polo letrado Sr. Felipe Martínez Ramonde fronte a Inversiones Aresco S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda con entrada o día 10 de febreiro de 2011, que foi dirixida a este xulgado contra as demandadas xa mencionadas, en que, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, rematou suplicando que se ditase sentenza pola cal se condene a empresa demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 781,77 euros.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo, que tiveron lugar o día 7 de maio de 2013, coa asistencia da parte demandante, aos cales non compareceron as demandadas, malia a súa citación en legal forma. Recibido o xuízo a proba, propúxose interrogatorio de parte e documental. Logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; seguidamente as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A demandante prestou servizos para a demandada desde o 10 de abril de 2007 coa categoría profesional de administrativo e salario mensual de 1.307,64 euros con rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A demandante foi despedida con data do 3 de xaneiro de 2011 por causas obxectivas, con efectos desde a indicada data, sen reclamar contra a decisión extintiva do contrato de traballo.

Terceiro. A empresa demandada non compensou economicamente a falta de aviso previo de quince días, cantidade pola cal debe 653,85 euros. A demandante non desfrutou dun período de vacacións de 3,59 días no ano 2010, e débeselle a compensación económica por falta de desfrute, por unha contía de 127,95 euros.

Cuarto. O día 28 de xaneiro de 2011 tivo lugar a conciliación previa ante o SMAC, co resultado de «sen avinza».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos, e da documental achegada pola demandante, e interrogatorio da parte, coas precisións que máis adiante se expresan arredor da valoración probatoria.

Segundo. Neste procedemento a parte demandante formula reclamación de cantidade correspondente a diversas cantidades debidas en función da relación laboral mantida, nos termos reflectidos no relato fáctico. A empresa demandada, correctamente citada, non compareceu.

O principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos, determina que o reclamante estea obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles; e o demandado, se excepciona o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, é a quen lle incumbirá a carga de probar ese pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do «onus probandi» –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

Por tanto, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación en diñeiro, e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da Lei de procedemento laboral, ante a súa incomparecencia, e citación cos apercibimentos correspondentes, deben considerase recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios e demais cantidades devindicadas antes da finalización da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos, acreditáronse nas actuacións os orzamentos constitutivos da obriga, todo o cal implica as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC). Ao non se practicar esa proba, a demanda debe ser estimada, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. Non procede a condena nesta instancia do Fogasa ao aboamento da cantidade reclamada, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Soledad Rivas Rodríguez fronte a Inversiones Aresco, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de 781,77 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe, en audiencia pública do día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Aresco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial