Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1296/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedeso seguido por instancia de Yolanda María Álvarez Touriñán contra a empresa Red House Trading, S.L., Bernardo Carpente Tenreiro sobre ordinario, rexistrado co número 1296/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 207/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1296/2009.

Demandante: Yolanda Álvarez Touriñán.

Letrado: Sra. Piñeiro Varela.

Demandado: Red House Trading, S.L.

Letrado: Bernardo Carpente Tenreiro.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Yolanda Álvarez Touriñán contra a empresa Red House Trading, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a cantidade de 1.196,48 euros en concepto de salarios debidos.

2. Desestimo a demanda formulada por Yolanda Álvarez Touriñán contra Bernardo Carpente Tenreiro e, en consecuencia, absólvoo de todos os pedimentos formulados contra el.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Red House Trading, S.L., Bernardo Carpente Tenreiro, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de abril de 2013

A secretaria xudicial