Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (792/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 792/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Barreiro Buján contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María del Carmen Barreiro Buján, contra Don Vaquero Sport Wear, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre a demandante e a demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada e debo condenar e condeno a Don Vaquero Sport Wear, S.L. a que lle aboe a María del Carmen Barreiro Buján as sumas de catro mil trescentos catorce euros con cincuenta céntimos (4.314,50 €) en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET, sobre a devandita cantidade, e de tres mil setecentos cincuenta e un euros con oitenta e catro céntimos (3.751,84 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á entidade Don Vaquero Sport Wear, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial