Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1352/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1352/2012, por instancia de Sandra Ríos Garrido contra Alisam Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, en que recaeu auto de aclaración da sentenza con data do 29 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Auto.

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

A Coruña, 29 de abril de 2013.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data do 4 de abril de 2013 se ditou sentenza nestes autos, pola que se estimaba parcialmente a demanda interposta por Sandra Ríos Garrido.

Segundo. Que a representación da parte demandante presentou escrito con data do 24 de abril de 2013, en que solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican en tal escrito.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: «Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderanse facer de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal, presentadas dentro dos dous días seguintes ao da notificación».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Non procede a aclaración solicitada en canto á indemnización por despedimento obxectivo, en canto que foi estimada por caducidade de acción.

Procede á aclaración solicitada en canto á resolución da sentenza, onde di: (1.834,28), debe dicir: (1.834,28), devindicando os gastos salariais o 10 % de xuros moratorios.

Non procede a aclaración solicitada en relación coa condena en custas, pois a sentenza sendo suficientemente explícita ao respecto.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorreu (artigo 186 e 187 da Lei de procedemento laboral).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz A secretaria xudicial

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alisam Coruña, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2013

A secretaria xudicial