Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1088/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1088/2010, por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Hostal Paraíso, S.L., Patricia Alves de Sousa Magalhaes e María Almonte sobre procedemento de oficio, en que recaeu sentenza con data do 26 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda de oficio interposta pola Inspección de Traballo e Seguridade Social e, en consecuencia, declárase que a relación existente entre Hostal Paraíso, S.L. e Patricia Alves de Sousa Magalhaes e María Almonte ten natureza laboral.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Hostal Paraíso, S.L., Patricia Alves de Sousa Magalhaes e María Almonte, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2013

A secretaria xudicial