Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (384/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 384/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Ramón Bohorque Montero contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que estimando a demanda presentada por Ramón Bohorque Montero, representado polo letrado Sr. Vila López, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A, que non compareceu malia estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a expresada entidade demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de catrocentos sesenta e cinco euros con catro céntimos (465,04 euros) máis o 10 % por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 3 de maio de 2013

O secretario xudicial