Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (993/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 993/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Sonia Pampín Cerviño contra a empresa Horminorsa, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Sonia Pampín Cerviño contra Horminorsa, S.L.U., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, a suma de dous mil catrocentos cincuenta e tres euros con dez céntimos (2.453,10 euros) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Horminorsa, S.L.U., en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

A secretaria xudicial