Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (311/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 311/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Eduardo del Sel Lago, asistido e representado pola letrada Eva Leis Rolon, contra Avancos Technical Services, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Eduardo del Sel Lago contra Avancos Technical Services, S.L. e, en consecuencia, condeno a devandita empresa a aboar ao demandante 1.826,30 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno a empresa ao aboamento das custas procesuais que incluirán os honorarios da letrada da parte demandante que se fixan na suma de 200 euros. Non procede realizar nesta instancia condena ao Fogasa, sen pre-xuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013