Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18706

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4833/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4833/2010-RF desta sección, seguido por instancia da Consellería de Traballo e Benestar contra a empresa Frigoríficos Berbés, S.A., Renova Servicios Empresariales, S.L., Eva Currás Costa, Sonia Fervenza Curro, Carmen Currás Currás, Sara de Matos Penedo, Margarita Costa Hermelo, sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola empresa Renova Servicios Empresariales e desestimando o recurso interposto por Frigoríficos Berbés contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo con data do 28 de maio de 2010, debemos confirmar e resolución contra a cal se recorreu en canto á declaración de existencia de cesión ilegal, deixando sen efecto os restantes pronunciamentos contidos na resolución impugnada.

Déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, efectuaránselle as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Renova Servicios Empresariales, S.L., con último domicilio coñecido en San Francisco, 25, 1º D, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto, sentenza ou emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de maio de 2013

A secretaria xudicial