Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18704

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (332/2013).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 332/2013.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 632/2011. Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Manuel Campos Lira.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández.

Recorridos: Fogasa, Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Administración concursal Transportes Visantoña, S.A., Fernando Luis Vaamonde Romero, Transportes Visantoña, S.A.

Avogados: Isabel Segura Núñez e Christian Díaz Delgado.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1ª da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 332/2013 desta sección, seguido por instancia de Manuel Campos Lira contra Fogasa, Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Administración concursal Transportes Visantoña, S.A., Fernando Luis Vaamonde Romero, Transportes Visantoña, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Manuel Campos Lira contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 desta capital, con data do 7 de maio de 2012, nestes autos 340/2012, sobre despedimento, seguidos por instancia do traballador recorrente fronte ás empresas demandadas Transportes Visantoña, S.A., Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Fernando Luis Vaamonde Romero, Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Llanera Logística, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., o administrador concursal de Transportes Visantoña, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U. e Fernando Luis Vaamonde Romero, con último domicilio en Bergondo e A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial