Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (80/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 80/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Rodríguez Marcote contra a empresa Esabe Limpiezas Integrales, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Número de autos: procedemento ordinario 80/2011.

Na cidade da Coruña, 25 de abril de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Ana Belén Rodríguez Marcote, en cuxo nome e representación comparece o letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandado Esabe Limpiezas Integrales, S.L., e o Fogasa, que non comparecen.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 255/13.

Resolución:

1º Estimo a demanda formulada por Ana Belén Rodríguez Marcote contra a empresa Esabe Limpiezas Integrales, S.L. e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.303,18 euros, que lle debe en concepto de salarios.

2º O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Esabe Limpiezas Integrales, expido o presente para a súa inserción o Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de abril de 2013

O secretario xudicial