Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (64/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 64/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Fontal Busto contra a empresa Erasmo Pérez González, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di:

En atención ao exposto acórdase o despacho de execución contra a empresa condenada, Erasmo Pérez González, por un importe de 511,83 euros máis 100 euros orzados para xuros e custas.

Non procede, en cambio, a condena á empresa ao pagamento de salarios de tramitación conforme o sinalado no fundamento de dereito primeiro desta resolución.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 25 de abril de 2013

O secretario xudicial