Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (74/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio José Losada Romero contra a empresa Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Julio José Losada Romero coa empresa Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B., e condénanse as citadas empresas solidariamente ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Julio José Losada Romero.

Indemnización: 9.837,27 euros (nove mil oitocentos trinta e sete euros con vinte e sete céntimos).

Salarios: 12.040,73 euros (doce mil corenta euros con setenta e tres céntimos).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 26 de abril de 2013

O secretario xudicial