Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18041

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1031/2012).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncia que neste procedemento de divorcio seguido por instancia de José Manuel Pivida Diéguez fronte a Marcia Adriana Matos de Lima se ditou sentenza, que é como segue:

«Sentenza nº 200.

Vigo, 15 de marzo de 2013.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1031/2012 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante José Manuel Pivida Diéguez, representado pola procuradora dos tribunais Rosario Díaz Moure e con asistencia letrada de Manuel Meréns Ribao, contra Marcia Adriana Matos de Lima, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes e fundamentos de dereito)

Resolución.

Estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Díaz Moure, en nome e representación de José Manuel Pivida Diéguez contra Marcia Adriana Matos de Lima, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC)».

E ao estar a demandada, Marcia Adriana Matos de Lima, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de abril de 2013

A secretaria xudicial