Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18040

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (3341/2011).

María Carmen Sobrado Prado, secretaria da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, por medio deste edicto fago constar que esta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, no recurso de apelación 3341/2011, dimanante do procedemento ordinario 1231/2009, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, con data do 25 de xaneiro de 2013 ditou sentenza cuxa resolución é como segue:

«Resolvemos estimar o recurso de apelación interposto pola procuradora Rosa de Lis Fernández, en nome e representación de MGI Coutier España, S.L., fronte á sentenza ditada con data do 22 de decembro de 2010 polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, en procedemento ordinario número 1231/2009, a cal debemos revogar e revogamos para, no seu lugar, ditar outra pola que se estima a demanda presentada pola referida parte apelante no sentido de condenar a parte demandada Correa Montajes y Suministros, S.L., a que lle aboe á demandante a suma de douscentos corenta e sete mil cincocentos setenta e nove euros con oitenta e dous céntimos (247.579,82), máis o xuro legal desde a data de interposición da demanda, con imposición das custas causadas en primeira instancia, e sen formular especial pronunciamento sobre as desta alzada.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para o caso de que se acredite interese casacional ou, de ser o caso, infracción procesual, con base no establecido no artigo 477 da LAC, que se deberá interpor dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación na forma establecida no artigo 479 da LAC.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade demandada Correa Montajes y Suministros, S.L., expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación, facéndolle saber que, se desexa interpor recurso de casación, deberá xuntar ao escrito de interposición xustificante de que constituíu o preceptivo depósito (50 € por cada recurso), na conta de consignacións desta Sección e deberá xuntar, igualmente, o modelo 696 de liquidación de taxa xudicial.

Vigo, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial