Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18038

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5104/2010).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5104/2010-S, seguido por instancia de Manuel Passos de Barros Menina contra o INSS, a TXSS, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Ergasat Mutua Patronal Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual Manuel Passos de Barros Menina contra a sentenza do 13 de setembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso promovido por instancia do recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L. e a mutua Ergasat, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Benito Corbal, nº 14, de Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial