Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18036

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4076/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4076/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de Mutua Midat Cyclops, Instituto Social da Mariña contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Amador Suárez, S.A., Armadores de Buques Marisqueros, S.A., Grupo Amasua, S.A., Pesquerías Segade Vinagre, S.L., Mutua Fremap, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Armadores Buques Costa, S.A., Pesquera Horpesmar, S.L., Antonio Rodríguez Tubío, Nautical Services Limites, Industria de la Pesca y Comercio, S.A., Antonio Fernández, S.A. Pesquería, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social e estimando o interposto por Mutual Cyclops, contra a sentenza do 9 de decembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos 158/2008, confirmamos a declaración da demandante, en situación de IPT con dereito á percepción de pensión vitalicia en contía do 55 % da súa base reguladora, condenando as demandadas a se ater á anterior declaración, e o Instituto Nacional da Seguridade Social ao aboamento da prestación na contía, forma e efectos económicos correspondentes. Devólvase á mutua Cyclops recorrente o capital-custo consignado para recorrer.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Armadores de Buques Marisqueros, S.A., Armadores, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial