Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (352/2009).

Lalín, 8 de febreiro de 2013.

No presente procedemento que se segue por instancia de Madrid Leasing Corporación, S.A. E.F.C., representado polo procurador Sr. Cean Garrido, contra Excavaciones M. E. Mejuto, S.L., Manuel Espiño Mejuto e Dolores González Pérez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Lalín, 22 de xuño de 2012.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario número 352/2009 por instancia do procurador Sr. Cean Garrido, en nome e representación de Madrid Leasing Corporación, S.A. E.F.C., asistido pola letrada Sra. Viqueira Pérez, contra a mercantil Excavaciones Mejuto, S.L., Manuel Espiño Mejuto e contra Dolores González Pérez, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por instancia do procurador Sr. Cean Garrido, en nome e representación de Madrid Leasing Corporación, S.A. E.F.C., asistido pola letrada Sra. Viqueira Pérez, contra a mercantil Excavaciones Mejuto, S.L., Manuel Espiño Mejuto e contra Dolores González Pérez, en situación procesual de rebeldía, debo:

1º. Resolver e resolvo as pólizas de contrato mercantil de arrendamento financeiro de bens mobles nº 7700582, nº 8891905 e nº 11635012.

2º. Condenar e condeno a mercantil Excavaciones Mejuto, S.L., a Manuel Espiño Mejuto e a Dolores González Pérez á entrega da posesión dos vehículos arrendados:

Póliza nº 7700582, Jeep G. Cherokee, modelo 3.0 V6 CRD, nº de chasis 1J8HCE8M45Y579087, matrícula 8115 DSD.

Póliza nº 8891905, caixa abatible de canteira marca Mercedes Benz, modelo Actros 3341 AK/3900, nº de chasis WDB9321831L135298, matrícula 1623 FGG.

Póliza nº 11635012, tracto de camión Mercedes Benz, modelo Actros 3355 S, nº de chasis WDB9341666L300160, matrícula 3599 GCB.

E a aboar solidariamente a cantidade de 64.946,81 euros en concepto de cotas vencidas e impagadas das pólizas citadas, os seus xuros de demora e gastos de devolución bancarios.

E a aboar solidariamente en concepto de penalización.

– 1.181,84 euros por cada mes desde a resolución do contrato nº 7700582 (26.9.2008).

– 1.917,51 euros por cada mes desde a resolución do contrato nº 8891905 (10.3.2009).

– 1.906,01 euros por cada mes desde a resolución do contrato nº 11635012 (28.2.2009).

– 1.7012,94 euros que se corresponden co 10 % das cotas non vencidas en cada unha das pólizas resoltas.

Máis os xuros legais e de demora percibidos conforme se describe no fundamento xurídico terceiro.

Será por conta da demandada condenada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se non se acreditase pola parte interesada ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a LO 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para interpoñer recurso os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a ditou estando celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe.

E para que sirva de notificación en forma ao codemandado Excavaciones Mejuto, expido o presente edicto.

Lalín, 8 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial