María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 98/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Pablo Morán Fernández contra a empresa Progametal, S.L.; Rialbyte, S.L.; Proyectos y Estudios de Galicia, S.L.; Arbitek Galicia, S.L.; a Administración concursal de Progametal, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Decreto.
Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.
Na Coruña o vinte e catro de abril de dous mil trece.
Antecedentes de feito.
Primeiro. O día 1.2.2011 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 unha demanda de salarios presentada por Pablo Morán Fernández fronte a Progametal, S.L.; Rialbyte, S.L.; Proyectos y Estudios de Galicia, S.L.; Arbitek Galicia, S.L.; a Administración concursal de Progametal, S.L. e o Fogasa.
Segundo. As partes foron citadas para os actos de conciliación e xuízo para o día 20.5.2013 ás 10.00 horas.
Terceiro. A parte demandante presentou escrito o día 23.4.2013 en que manifesta que desiste da acción iniciada.
Fundamentos de dereito.
Único. Unha vez declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso, procede dalo por desistido da súa demanda.
Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,
Parte dispositiva.
Acordo:
– Dar por desistido a Pablo Morán Fernández da súa demanda fronte a Progametal, S.L.; Rialbyte, S.L., Proyectos y Estudios de Galicia, S.L.; Arbitek Galicia, S.L.; a Administración concursal de Progametal, S.L. e o Fogasa.
– Deixar sen efecto a sinalización que viña acordado para o día 20.5.2013 ás 10.00 horas.
– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.
Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente. A secretaria xudicial».
E para que lles sirva de notificación en legal forma a Progametal, S.L.; Rialbyte, S.L.; Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e Arbitek Galicia, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 24 de abril de 2013
A secretaria xudicial