Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, polo presente,
Anuncio:
Neste procedemento ordinario 530/2011, seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a Olaya García Prieto, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Sentenza: 57/2013.
Xuíza que a dita: María Luisa Maquieira Prieto.
Lugar: Pontevedra.
Data: oito de abril de dous mil trece.
Demandante: Recreativos Mafari, S.A.
Avogado: José Cuíñas Rodríguez.
Procurador: Pedro Sanjuán Fernández.
Demandada: Olaya García Prieto.
Procedemento: procedemento ordinario 530/2011.
Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos 530/2011 sobre xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado por instancia do procurador dos tribunais Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A., asistida polo letrado Sr. Cuíñas Rodríguez, fronte a Olaya García Prieto, declarada en rebeldía procesual, de reclamación de cantidade, declárase,
(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)
Fallo:
Que estimando integramente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A., fronte a Olaya García Prieto, declarada en rebeldía procesual, e na súa virtude, debo declarar e declaro que procede a resolución do contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva subscrito polas partes en data 13.1.2009, e en consecuencia, procede declarar que a parte demandada lle aboe á entidade demandante, en concepto de indemnización de danos e perdas, a cantidade de dezaseis mil oitocentos corenta e tres euros con setenta e cinco céntimos (16.843,75 euros = 218,75 euros/mes, multiplicado por 77 meses que restaban de duración contractual), cos xuros legais preceptivos do artigo 576 da LAC.
Todo iso con imposición das custas deste procedemento á demandada.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación, atendida a contía do presente procedemento, superior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, punto 1º da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio e asino.
E encontrándose a dita demandada, Olaya García Prieto, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 9 de abril de 2013
A secretaria xudicial