Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16577

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (967/2010).

En Pontevedra, 7 de decembro de 2011.

Vistos por Mª Enriqueta Sanmartín Carbón, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario nº 967/2010, entre partes, como demandante Lucía Ranilla Salceda, representada pola procuradora dos tribunais Francisca Mª Rodríguez Ambrosio e asistida polo letrado Juan Agra Requeijo, e como demandados Rafael Rúa Santiago e Liliana Rodiño López, ambos en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Francisca Mª Rodríguez Ambrosio, en nome e representación de Lucía Ranilla Salceda, fronte a Rafael Rúa Santiago e Liliana Rodiño López, debo condenar e condeno os devanditos demandados a aboar á demandante a cantidade de catro mil catrocentos trinta e seis euros con noventa e seis céntimos (4.436,96 €), máis os xuros legais, así como ao pagamento das cotas mensuais correspondentes ao préstamo de financiamento subscrito pola demandante co Banco Cetelem, que vaian vencendo desde a data do 20 de outubro de 2011 ata o seu completo pagamento, con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes á notificación da presente resolución.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito correspondente mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banco Español de Crédito, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, e especificando o concepto de «recurso».

Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.