Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2645/2010 MCR.
Xulgado de orixe/autos: demanda 244/2008 do Xulgado do Social número 3 da Coruña.
Recorrente: José Carlos Silva Conde.
Avogado: Manuel López Núñez.
Recorridos: Sercusa, Incoruña, S.L., Montajes Sercu, S.L., INSS e TXSS.
M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2645/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de José Carlos Silva Conde contra a empresa Sercusa, Incoruña, S.L., Montajes Sercu, S.L., INSS e TXSS, sobre recarga de accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Carlos Silva Conde contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 17 de febreiro de 2010, en autos número 244/2008, que confirmamos.
Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.
Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que conste e lle sirva de notificación a Montajes Sercu, S.L., expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 19 de abril de 2013
A secretaria xudicial