Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16574

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3670/2010 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3670/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1086/2009 do Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Eulen, S.A., Mutua Midat Cyclops, Carlos Viso Fernández.

Avogado: José Luis Feijoo Borrego.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3670/2010 seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Eulen, S.A., Mutua Midat Cyclops e Carlos Viso Fernández, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, de data tres de marzo de 2010, debemos confirmar integramente a resolución recorrida.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar a cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano). O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Carlos Viso Fernández, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avenida de Ramón Nieto, 231, 2º C, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 17 de abril de 2013

A secretaria xudicial