Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1044/2012).

Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Nº autos procedemento ordinario 1044/2012.

Demandante: Fernando Sánchez Martínez.

Demandados: Luis Rodríguez Amado, S.A., administración concursal de Luis Rodríguez Amado, S.A., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 12 de abril de 2013, dirixida a Luis Rodríguez Amado, S.A. Fáiselle saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Luis Rodríguez Amado, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de abril de 2013

A secretaria xudicial