Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (879/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 879/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Calviño Puente contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse o seguinte auto de aclaración de sentenza:

Que debo rectificar a sentenza ditada nestas actuacións o pasado día 5 de marzo de 2013, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución, quedando redactada a súa resolución na forma que se especificará, manténdose integramente o restante contido:

«...Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Carlos Calviño Puente contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones José Carro, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 10.329,11 euros brutos, por salarios percibidos nos meses de xaneiro a xuño de 2012, paga extra de decembro de 2011 e xullo de 2012, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais...».

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2013

A secretaria xudicial