María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que neste xulgado se tramitan autos co número PO 870/2012, por instancia de Natalia Dafonte Franco contra Esabe Vigilancia, S.A. sobre cantidade, en que o día 11 de marzo de 2013 se ditou sentenza, coa seguinte parte dispositiva:
«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Natalia Dafonte Franco, contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A., a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.803,04 euros brutos, polos salarios devindicados entre maio e xullo de 2012, así como a paga extraordinaria de xullo de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.
A Coruña, 19 de abril de 2013
María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial