Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 616/2011 por instancia de Ana María Roca Sánchez contra a empresa Noroeste Seguridad, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución
Estímase a demanda interposta por Ana María Roca Sánchez fronte a Noroeste Seguridad, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Noroeste Seguridad, S.L. a aboar á demandante a cantidade de oito mil cincocentos trinta e dous euros con noventa e cinco céntimos de euro (8.532,95 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Noroeste Seguridad, S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 22 de abril de 2013
A secretaria xudicial