Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (558/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 558/2011 por instancia de Nicolás Bordera Vázquez contra a empresa Transjessi Galicia, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 15 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Nicolás Bordera Vázquez fronte a Transjessi Galicia, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a Transjessi Galicia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil trescentos oitenta e seis euros (2.386 euros).

– Condénase a Transjessi Galicia, S.A. a aboar as custas deste procedemento, incluídos os honorarios de letrado ou graduado social ata o límite de 600 euros.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transjessi Galicia, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 22 de abril de 2013

A secretaria xudicial