Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1249/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1249/2012 por instancia de José Manuel Campos Bello contra a empresa Esae, S.A. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 15.4.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido.

Estímase a demanda formulada por José Manuel Campos Bello fronte a Esabe, S.A. e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Esabe, S.A., ao demandante, José Manuel Campos Bello.

– Condénase a empresa Esabe, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 27.959,70 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a actual importan 9.822,56 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 55,81 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2013

A secretaria xudicial