Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1323/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1323/2012, por instancia de Vanesa María Faraldo Estrada contra Zambhala Hostelería, S.L. (Casa Carmen) e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 18.3.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Vanesa María Faraldo Estrada contra Zambhala Hostelería, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Zambhala Hostelería, S.L. á demandante Vanesa María Faraldo Estrada.

– Acórdase, ante a imposibilidade de readmisión, considerar feita a opción a favor da indemnización, e declarar extinguida a relación laboral que unía a demandante con Zambhala Hostelería, S.L.

– Condénase a Zambhala Hostelería, S.L. a aboar á demandante Vanesa María Faraldo Estrada a cantidade de oito mil cento setenta e un euros con setenta e oito céntimos de euro (8.171,78 euros) en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Zambhala Hostelería, S.L. (Casa Carmen), expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2013

A secretaria xudicial