Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1082/2010).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial en substitución do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 11 de abril de 2013, no proceso seguido por instancia de Avelino Losada López contra Selema, S.L. en reclamación por cantidade, rexistrado co nº 1082/2010, acordouse notificar a Selema, S.L., a resolución da sentenza seguinte:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por Avelino Losada López, que comparece asistido polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra a empresa Selema, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 7.054,67 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data nela indicados. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Selema, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de abril de 2013

A secretaria xudicial