Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (211/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18.4.2013 no proceso PO 211/2011 seguido por instancia de María del Carmen Porteiro Vázquez, Verónica Tasende González, Ana Belén Fuentes Formoso e Paula Castro Porteiro contra a empresa Confecciones Teruca, S.L. e Confecciones Samlor, S.A., sobre cantidade, ditouse a seguinte resolución, co fin de que compareza o día 17.6.2013 ás 10.00 horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número 2 sito na rúa Monforte, s/n, edificio dos xulgados, piso 1º. Debe comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Confecciones Teruca, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de abril de 2013

A secretaria xudicial