Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 903/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que perante este xulgado se tramitan autos co número PO 903/2012 por instancia de Guadalupe Barral Vázquez contra Rocal Modas, S.L. e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales no día 20 de marzo de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Guadalupe Barral Vázquez, contra Roca Moda, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Rocal Modas, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.107,11 € brutos, ou 1.845,85 € líquidos, polos salarios devindicados nos meses de xuño e xullo de 2010, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Rocal Modas, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial