Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (80/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 80/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Rodríguez López contra a empresa Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., sobre despedimento, ditouse auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

En atención ao exposto acórdase o despacho de execución contra a empresa condenada Medicampo Productos de Veterinaria, S.L. por un importe de 21.755,47 euros, máis 4.000 euros orzados para xuros e custas.

Ao estar en paradoiro descoñecido Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 19 de abril de 2013

O secretario xudicial