Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013006AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de marzo de 2013, o instrutor do procedemento ditou a proposta de resolución do expediente sancionador 2013006AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra a entidade Acedeira Hosteleros, S.L.

Unha vez intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Acedeira Hosteleros, S.L. o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda número 43-1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 16 de abril de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013006AL-PO.

Denunciada: Acedeira Hosteleros, S.L., con CIF B27770635, propietaria do establecemento La Barraca.

Último enderezo coñecido: praza da Constitución 9, 36800 Redondela.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 2, punto 2.2, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 3 e capítulo I, puntos 1 e 2; capítulo V, punto 1, e capítulo IX, puntos 1, 2, 3 e 5 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 14 e 18 do Regulamento (CE) nº 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 3.1, 3.3, 6.2 e 6.3 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).