Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, para a adxudicación dos servizos de transporte de obras de arte da exposición Víctor Grippo do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1.1. Organismo: Secretaría Xeral de Cultura.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea. Rúa Valle Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

1.3. Número de expediente: 2013/09/00595.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Tipo de contrato: servizo.

2.2. Descrición do obxecto: transporte de obras de arte da exposición Víctor Grippo do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento da licitación: 110.000 € (impostos incluídos).

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: non se exixe.

5.2. Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: non se exixe.

7. Presentación de propostas:

7.1. Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 19.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

7.2. Prazo: rematará o décimo quinto día hábil, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

7.3. Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador, o obxecto do contrato e, de ser o caso, o número do Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todo os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e, así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da rede internet: http://www.contratosdegalicia.es

11. Apertura de proposicións: o acto público da apertura das proposicións do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura, na data e na hora que serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante na web: http://www.contratosdegalicia.es

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura