Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Julia 2 número 7155.

Mediante a Resolución do 11 de novembro de 2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Rio Narcea Gold Mines, S.L. (actualmente Mineira de Corcoesto, S.L.) do permiso de investigación Julia 2, de 45 cuadrículas mineiras, para a investigación de ouro, afíns e outros recursos da sección C), nos termos municipais de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso, na provincia da Coruña.

Con data do 2 de maio de 2012, Rio Narcea Gold Mines, S.L. solicita a renuncia a 24 cuadrículas mineiras das 45 que compoñían a solicitude inicial, quedando o permiso de investigación Julia 2 reducido a 21 cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e, ao mesmo tempo, comunica o cambio de denominación social de Rio Narcea Gold Mines, S.L. a Mineira de Corcoesto, S.L.

A esta solicitude correspóndelle o número 7155 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

8º 48’ 40”

43º 13’ 40”

2

8º 48’ 00”

43º 13’ 40”

3

8º 48’ 00”

43º 12’ 20”

4

8º 48’ 20”

43º 12’ 20”

5

8º 48’ 20’’

43º 11’ 20’’

6

8º 49’ 20’’

43º 11’ 20’’

7

8º 49’ 20’’

43º 12’ 20’’

8

8º 50’ 00’’

43º 12’ 20’’

9

8º 50’ 00’’

43º 12’ 40’’

10

8º 48’ 40’’

43º 12’ 40’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 1 de abril de 2013

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña