Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de suspensión de licenzas de parcelación, edificación e demolición.

De conformidade co artigo 77 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA) e demais normativa aplicable, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Suspender, de conformidade coa motivación e fundamentación previstas na memoria do concelleiro de Urbanismo, do 12 de abril de 2013, e nos informes técnico e xurídico incorporados ao expediente, o outorgamento de licenzas de edificación e demolición no solo rústico do termo municipal previsto no Plan xeral de ordenación municipal do concello de Teo, para os usos que se detallan a continuación, así como as licenzas das actividades relacionadas cos usos en cuestión, polo prazo máximo dun ano contado desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Usos que afecta a suspensión:

– Talleres, garaxes, parques de maquinaria agrícola.

– Establecementos en que se aloxen, manteñan ou críen animais.

– Talleres, garaxes, parques de maquinaria forestal.

– Pirotecnias.

– Instalacións de praia, socioculturais, recreativas e de baño, que se desenvolvan ao aire libre.

– Instalación de xeración ou infraestruturas de produción de enerxía.

Segundo. Suspender, de conformidade coa motivación e fundamentación previstas na memoria do concelleiro de Urbanismo, do 12 de abril de 2013, e nos informes técnico e xurídico incorporados ao expediente, o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición nas parcelas que se detallan a continuación, afectadas polas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), 00219/2012 e 00721/2012, polo prazo máximo dun ano contado desde a publicación do anuncio no DOG.

Parcelas afectadas pola suspensión:

Ámbito da sentenza 00219/2012.

– Parcelas numeradas do nº 1-16 (ambas incluídas) do polígono de Catastro de rústica de Teo nº 74.

– Parcelas numeradas do nº 171-173 (ambas incluídas) do polígono de Catastro de rústica de Teo nº 74.

– Parcelas numeradas do nº 182-192 (ambas incluídas) do polígono de Catastro de rústica de Teo nº 74.

– Parcela nº 346 do polígono de Catastro de rústica de Teo nº 74.

Ámbito da sentenza 00721/2012.

Parcela con referencia catastral 15083A501004500000KQ.

Terceiro. Publicar este acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, a teor do previsto no artigo 77.1 da LOUGA, no taboleiro de edictos do concello, no BOP e na web municipal, para maior difusión, a teor dos artigos 69.1 e 70 ter da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Cuarto. Notifíqueselles, de ser o caso, este aos peticionarios de licenzas solicitadas con anterioridade á publicación da suspensión, poñéndolles de manifesto o dereito que os asiste a seren indemnizados de conformidade co artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, artigo 121 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento urbanístico, e demais normativa aplicable.

Quinto. Notificarlles este aos interesados afectados polas sentenzas do TSXG 00219/2012 e 00721/2012, para o seu coñecemento e efecto oportunos».

Recursos. Contra este acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor, de ser o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

O que se publica para xeral coñecemento.

Teo, 26 de abril de 2013

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde accidental