Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre obras de acondicionamento e apertura de nave con destino a almacén de produtos sanitarios (DMA 49/13).

Por medio deste edicto, e de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, comunícase que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar e formular alegacións en relación coa solicitude de concesión de licenza de legalización das obras de acondicionamento e de apertura de nave con destino a almacén de produtos sanitarios na parcela A-34 do polígono industrial do Campiño, presentada por Mape Asesores, S.A. (DMA 49/13).

Pontevedra, 16 de abril de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde da Área de Urbanismo