Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de información pública sobre venda ao público de carburantes e combustibles petrolíferos polo miúdo.

Juan Antonio García López, en representación de Combustibles Baratos, S.L. solicitou a esta alcaldía licenza municipal para a actividade de venda ao público de carburantes e combustibles petrolíferos polo miúdo mediante o establecemento dunha estación de servizo desatendida nas parcelas III-13, III-14 e III-15 do parque empresarial de Landrove, Concello de Viveiro. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– así como exposición no taboleiro de anuncios do concello co fin de que durante este as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Viveiro, 18 de abril de 2013

Melchor Roel Rivas
Alcalde