Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

ENCOMENDA de xestión do 3 de abril de 2013 pola que se lle encarga á empresa Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) a execución das obras de construción dunha plataforma de conexión entre a Aula de Produtos Lácteos (Cetil) e o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal) no Campus de Lugo.

Juan José Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), actuando en nome e representación da USC, en virtude das facultades legais que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, do 12 de abril, e os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro,

EXPÓN:

Primeiro. O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), establece, no seu artigo 3.1.c), que, para os efectos da citada lei, as universidades públicas forman parte do sector público e, no seu artigo 3.2.c), que as universidades públicas teñen a consideración de administracións públicas e, polo tanto, son poderes adxudicadores.

Segundo. O réxime xurídico de Tragsa e as súas filiais está regulado pola disposición adicional vixésimo quinta (DA 25ª) do TRLCSP e polo Real decreto 371/1999, do 5 de marzo, polo que se regula o réxime da empresa de Transformación Agraria, Sociedade Anónima.

De acordo co punto segundo da citada DA 25ª, Tragsa e as súas filiais teñen a consideración de medios instrumentais e servizos técnicos da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos poderes adxudicadores dependentes delas.

Terceiro. O artigo 24.6 do TRLCSP prevé que as relacións entre Tragsa e os poderes adxudicadores dos cales é medio propio instrumental se regulen mediante as encomendas de xestión previstas no dito artigo.

Cuarto. Conforme o anteriormente exposto, a USC acorda encargarlle a Tragsa a execución das obras do proxecto básico e de execución da construción dunha plataforma de conexión entre a Aula de Produtos Lácteos (Cetil) e o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal) no Campus de Lugo, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Obxecto da encomenda

O obxecto desta encomenda de xestión é a execución das obras do proxecto básico e de execución da construción dunha plataforma de conexión entre a Aula de Produtos Lácteos (Cetil) e o Centro Teconolóxico Agroalimentario (Cetal) no Campus de Lugo, cun orzamento de execución descrito na relación valorada que se achega como anexo, calculado conforme as tarifas oficiais vixentes de Tragsa e que acada a cantidade de corenta mil catrocentos vinte e seis euros con seis céntimos (40.426,06 €), IVE incluído (33.409,97, IVE excluído).

Esta encomenda realízase por razóns de eficacia e por carecer a USC dos medios técnicos apropiados para levala a cabo por si mesma.

Segunda. Actuacións que se deben desenvolver

Os traballos deberán realizarse na forma definida no proxecto básico e de execución da construción dunha plataforma de conexión entre a Aula de Produtos Lácteos (Cetil) e o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal) no campus de Lugo, na parcela 10-T, cuarteirón J, sector sur-K (San Fiz) Lugo, asinado polo arquitecto Santiago Catalán Tobía e seguindo as ordes e instrucións da dirección facultativa da obra.

Terceira. Partida orzamentaria e distribución por anualidades

O importe da presente encomenda satisfarase con cargo á partida orzamentaria 8014313162000.

Este expediente corresponde á axuda con referencia UNST07-1C-205, que está financiada polo Ministerio de Economía e Competitividade, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e cofinanciada con fondos do programa operativo Feder 2007-2013.

Cuarta. Aboamento dos traballos

O aboamento dos traballos realizarase mediante certificacións mensuais emitidas polo director das obras e as correspondentes facturas emitidas pola empresa.

Quinta. Inicio das actuacións e duración da encomenda

O prazo de execución será dun mes, que se contará desde a data da acta de comprobación de replanteo da obra.

Sétima. Natureza da encomenda

A presente encomenda ten a natureza dos contratos e negocios xurídicos excluídos do ámbito de aplicación do TRLCSP, previstos no seu artigo 4.1.n), rexerase polas súas propias normas e aplicaranse os principios do TRLCSP para resolver as dúbidas que se puidesen suscitar.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela