Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información hospitalario de Galicia (SIHGA), para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde cofinanciados con fondos Feder (AB-SER1-12-027).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-12-027.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información hospitalario de Galicia (SIHGA), para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72222000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 212, do 7 de novembro de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 263, do 1 de novembro de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2012/S 208-342566, do 27 de outubro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 1.639.736 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 819.868 euros. Importe total: 992.040,28 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.3.2013.

b) Data de formalización do contrato: 10.4.2013.

c) Contratista: Coremain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 721.434 euros. Importe total: 872.935,14 euros.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos