Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de aprobación inicial del Plan especial de reforma interior en Quenxe.

Por Resolución da Alcaldía 101/2013, do 22 de marzo de 2013, aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior en Quenxe, parcela con referencia catastral 4542806MH8544S0001LI, situada a carón da avenida Rosalía de Castro (estrema oeste) e da praia de Quenxe (estrema leste), e na cal se sitúa o actual Museo Marítimo, presentado por Federico Castro-Rial Schuler, en representación de Inmobiliaria Sicar, S.L., redactado por Iceacsa.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para efectos de que durante o prazo dous meses, contados a partir da última das publicacións do Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, as persoas interesadas examinen o expediente, na Secretaría do concello, e formulen as alegacións que xulguen pertinentes.

Corcubión, 22 de marzo de 2013

Francisco J. Lema Fuentes
Alcalde presidente