Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de contratación do servizo de limpeza dos edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza dos edificios municipais.

3. Tramitación e procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 77.793,08 € anuais.

– Valor estimado: 64.291,80 € anuais.

– IVE: 13.501,28 € anuais.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Pino.

b) Domicilio: rúa do Concello, s/n, O Pedrouzo, Arca, O Pino.

c) Teléfono: 981 51 10 02; fax: 981 51 11 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría a.

8. Criterios de valoración de ofertas: plan de seguridade e saúde, melloras na prestación do servizo, prezo ofertado, seguro de responsabilidade civil, plan de prestación do servizo.

9. Presentación de ofertas de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días contados desde o último anuncio publicado (publicaranse anuncios no BOP e no DOG).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Secretaría do concello.

10. Apertura de ofertas: 2º día hábil seguinte ao da finalización do prazo.

11. Perfil de contratante: concellodeopino.com

O Pino, 8 de abril de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde