Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre licenza e legalización de obras e apertura de porto deportivo de escala (DMA 121/11).

Por medio deste edicto, e de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, comunícase que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar e formular alegacións en relación coa solicitude de concesión de licenza de legalización das obras executadas sen licenza e apertura de porto deportivo de escala sito na avenida de Uruguay, nº 26, presentada pola entidade Club Naval de Pontevedra (DMA. 121/11).

Pontevedra, 24 de abril de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde da Área de Urbanismo